domingo, 11 de outubro de 2015

HELPERS. WHY?

Os nenos e nenas as veces precisan ter responsabilidades e traballar de maneiras diferentes para aprender determinados contidos. Aquí entra en xogo o procedemento dos axudantes,"Helpers".
Os axudantes na aula serán: 

Organisers : Se encargan de colocar carpetas e libretas ordenadamente no armario de material. Con este traballo aprenden a necesidade de orde e comprenden que é necesario adicar tempo e esforzo para un ben común.

Camera operator : Saca fotos e videos curtos. Así todos os nenos e nenas teñen acceso a esta tecnoloxía. Aprenden a tratar os materiais delicados con coidado e seguridade . Toman decisións e poden a moverse polo espazo da aula con autonomía.

Firefighter : O último da fila ,se encarga de apagar as luces, pechar a porta e colocar no pomo da porta o carteliño que indica que estamos fora, practicando así o procedemento a seguir no caso dunha emerxencia no centro.

Time watch : Coloca o temporizador polos minutos que lle indique a mestra e avisa cando quedan 5 minutos para rematar a sesión. Asumen así que o tempo voa e fan consciente a todo o grupo da necesidade de aproveitar ben o tempo. A práctica e o uso dos números e as horas ten sentido agora nun contexto real.

Cleaner : É o que está pendente de que os compañeiros non deixen nada tirado e que a clase quede perfecta. Este rol nos axuda a ver a importancia dun espazo limpo.

Silence cop : Axuda a manter o silencio. Esta figura desperta a empatía dos nenos pola mestra .  A todos nos gusta que nos escoiten pero esta figura axudará moito a conseguir unha comunicación fluida con respecto á quenda de palabra.

Dealer : Reparte materiais. Practicamos neste rol estructuras para ofrecer obxectos, tamén neste caso nun contexto comunicativo real.


Calendar helper  : Se encarga de poñer a data e manipular o calendario. Se practican neste rol cantidade de palabras de vocabulario e estructuras relacionadas con días da semana, meses do ano, estacións, tempo atmosférico, numeración, e actividades escolares.


Ningún comentario:

Publicar un comentario